5.10.2005
:(
E a nena cada vez gustáballe menos a cidade, cada vez menos as caras que vía, que se repetían e cada vez menos os mesmos sorrisos gastados que sentía non dicían, non significaban nada. Todo era demasiado falso........Nada a emocionaba xa, nada a sorprendía, todo lle molestaba, todo a cansaba. Os edificios non lle deixaban ver o ceo e as estrelas aparecían de noite pero ela non podía velas. Todo era peor. Non había lugar por onde escapar, a cidade asfixiaba...E foi entón cando se decatou que só era coma unha desas formiguiñas que pisa a xente cando anda pola rúa, e que non se daban conta de que as estaban pisando....e só sabía que non quería ser coma as demais formiguiñas....e que ante a imposibilidade de fuxir non podía facer nada. Por eso se refuxiaba en soños imposibles e ilusións inalcanzables.......e só quería volver...pero a realidade volvía a esmagala sen querer e a monotonía invadíaa e levábaa a un punto no que facía todo mecanicamente, sen pensar nas razóns nin en por que comezara a facer aquilo. Simplemente TIÑA que facelo. E cada vez costáballe máis topar bos momentos....dende que se fora...el....o que mais lle costaba era que a risa, que as bágoas, fosen de verdade...........
