11.29.2005

 

Holden, outra vez

Isto é todo o que vos vou contar. Poderíavos contar tamén o que fixen ó chegar a casa, e como me puxen malo, e a que escola vou ir para o outono, mais non me apetece. De verdade, iso xa non me interesa agora.
Moita xente, especialmente este tío psicanalista que teñen aquí, anda sempre a preguntarme se me vou aplicar cando volte á escola en setembro. Na miña opinión é unha pregunta estúpida. quero dicir que ¿como vai un sabe-lo que vai facer ata que o fai? Nunca se sabe. Eu penso que me vou aplicar, mais ¿como sabelo seguro? Xuro que é unha pregunta estúpida.
D.B. non é tan coñazo coma o resto, pero tamén fai moitas preguntas. O sábado veu cunha inglesa que traballa na película que el está escribindo agora. Un pouco parva, pero moi guapa. O caso é que nun intre en que ela foi ó servicio, D.B. preguntoume que pensaba de todo isto que vos acabo de contar. Eu non souben que carallo dicir. Se queredes que diga a verdade, nin sei o que penso. E sinto terllo contado a tanta xente. O único que podo dicir é que sinto morriña de tódolos que vos falei. Ata de Stradlater e Ackley, por exemplo. Mesmo do Maurice. É pavero. Nunca lle contedes nada a ninguén. Se o facedesn acabaredes sentindo morriña de todo o mundo.

 
Sentíndoo moito polos meus lectores (poucos) abandono o barco
aínda que se supón que o capitán nunca abandona ata que se funde

11.27.2005

 
........................
Escapa!!!!!!!!!!!!!!
................................

11.24.2005

 

Todo é tan falso que dá pena, "eu xa me din conta hai tempo" dinlle e ela contesta "pois eu empezo a notalo (máis agora)". Que falso, que noxo. Hai días que se salvan, días nos que parece todo menos probable, menos premeditado, menos pensado de antemán por unha man invisible que xoga con nós coma se fosemos bonequiños cos que pasar o tempo libre. Que falso é todo. Pode, pero agora non vas cambialo ti. Escapa mentras poidas, pero non podo. Teño que quedar ollando o verde na pedra bastantes días.
Pois...¿que queres que che diga?
POIS NON SEI
POIS NADA SUPOÑO
Pois logo NADA

11.22.2005

 



Oigan, están todos tolos?¿?
Si, o Mundo enteiro virou tolo
......................................................
A xente cruza cos semáforos en vermello

 

Así que non vés...


Dixéronme que quedabas, que non viñas...canto tempo sen vernos, parece que levamos anos...foi todo moi de golpe, de repente a mensaxe, descolocada coma poucas veces ¿que ía facer? acepteino, ¿que remedio? e dinche o abrazo máis triste da miña vida, e o collar que pasei tanto tempo facendo, si, si que ía darcho aínda que mo pediches ti antes. Metícheste no coche rápido e xa. Subín o Eirado triste, triste, triste. E é curioso pero creo que só me caeu unha bágoa chegando a Síngulis. É curioso como sempre xogamos a facernos as duras...a verdade, pensei que te ía voltar ver pronto. Mandáchesme fotos, mandeiche mensaxes. Chamei. E agora non volves, ¿con quen me río do mundo? ata que voltes, vou rir sola, pensando en todo o que fixemos, dende aquel día que me defendiches e tiveches que apandar ti e que che dera a charla o titor. Pásao ben nena, toliña, corazón.

11.19.2005

 

O mundo divídese en....

hai pouco era en espabilados e matados, despois quedamos en que era en dúas clases de idiotas: os que prestaban libros e os que os devolvían. Ben, xa está agora a última teoría: a do embigo. O mundo divídese na xente que considera o seu embigo o punto arredor do que xira o mundo e os que non. Uns prefiren andar, pensar, escoitar, aprender. Outros cren que xa o saben todo e todo o que saben e do que falan é en torno ao embigo, o máis preciado que teñen. Son esa xente que di: hoxe leo ata a lección 10, e non saio porque se saio mañá as dez da noite non vou poder...e o martes as cinco e media....pregúntenlle que van facer dentro de 15 días a tal hora e posiblemente o saiban. Xa poden recibir unha mensaxe preciosa un día, na que lles digan cousas que ninguén lles dixo antes, pero dirán: ai, non a contesto que o saldo tenme que durar ata dentro de 3 días. Esa é a teoría do embigo. Despois están os "outros", os sempre inaptados, os que pensan que un coche novo e un traballo no que gañes moitos cartos non é o mellor ao que aspirar. Os que son felices ollando as estrelas. Os que buscan unha canción, unha mirada, un sorriso, que lles explique todo e que lles ensinen. Os que opinan que non vale só unha vida para todo o que hai que aprender. Os que cantan pola rúa sen acordarse ao día seguinte (ou si). Os que cren que outro mundo é posible, os que loitan contra o sistema (máis ou menos).
¿vostedes que prefiren, protestar ou comprar?

11.18.2005

 
Salmón caducado. Comín salmón caducado. Estou empezando a marearme.

 

Todo é moi raro...estás outra vez aquí, co queixo mentres pensas no zapato que saíu do pé para acabar no teito dese "módulo raro". O queixo. O camarero parado que posiblemente oíu a conversación. :D. A reflexión sobre que ben se vive nas vilas. Aquel sitiño onde sentarse e pasar horas vendo os tellados e o río. A casa da persoa máis grande que deu este país. O comentario.
A habitación deixa unha sensación estrana. Nós. Rosalía, galega, é unha honra ser (polo menos en eso) igual ca ela.
xD
A compañeira dos saraos (e dos paseos improvisaos). Ser pincha e que a xente che berre por poñer música que non lles gusta. Roubar bebida e comezar por Van Morrison e logo Bob. Darlle a vara con alta suciedad ao tipo do Maycar. O acoso e derribo e a metade das cousas esquecidas. Dormir enriba de dous colchóns sen decatarse. Queixo. Subir a buscar o móbil e un gofre. E pisar poucas veces máis a casa no que vai de semana. Saltar as clases. Saltar todo. Crear un movimento (RCT). Descubrir unha frase que te avergonza pintada hai moito tempo:P. Non querer apoiar certas cousas. Que Suso me devolva dous euros. A pantasma. Certamente foi unha semana rara. E estamos a venres...A invitación a unha mesa. As copas rotas (demasiadas) e as caídas en combate (unha de likor café que pesou...).
Novos motes horteras (véxase foto) dos que estou moi orgullosa. Agradecemento por uns tenis, polo apoio cando me estreso e sobre todo a alguén que me obrigou a marchar en taxi (grazas compañeira... :D). E que bo traballo, creo que certa pintora estaría orgullosa :)
Que quededes na miña casa aínda que eu non esté, que contedes conmigo e que fagades que vos enfadades cando non é certo :p A miña cari. A luriña que comezou un proxecto, co que nos emocionamos todas. Os que se foron. Que falta cada vez menos...
Pariente por accidente...nellie the elephant e sempre son os mesmos. A sorte de coiote si. Se van vostedes ao Porrón e se sentan no último banco, alí na parede e esborranchados hai unha lista de nomes. Leánnos con atención porque os que responden a eles valen a pena. Moito, moito, moito.

11.16.2005

 

157


 

Estrés!

.....................................
brrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr
pero é bonito ao final cando todo cadra (máis ou menos)
que é o tempo?
e o tempo libre?
existe mundo máis alá destas catro paredes?
pode que si
ou pode que todo sexa mentira e que as cousas se paren durante o tempo que estamos aquí, para volver a empezar cando saiamos
ou iso parece a veces
Sorte De Coiote

11.15.2005

 

Debería....

ter ilusión
facer o traballo
facer tantos traballos
debería
irme lonxe, poder marchar de aquí, pero non unha semana con gastos pagados en puntacana, mandando postalitas e chamando por teléfono
"aquí es todo muy bonito"
irme
pero de verdade
coller a mochila, comezar a andar, chamar por teléfono e dicir
"estou no sur,
no norte
no leste
no oeste"
e o mellor de todo
que ao outro lado da liña non houbera ninguén
chamar a cobro revertido

11.14.2005

 
Piscina
Recordos
Sempre te vou odiar

 
Tonto
Ñu
Ironía. Ironía. Ironía.
E buscar tozonitalegeprariasanico

 
Non poden imaxinar canto os extraño, canto os extrañamos. Nin se imaxinan. Quéixanse de que non mandamos mails, de que non lles facemos caso e non se dan conta de que non hai día que non digamos "ah, si, as zapatillas de María", ou "ovos de codorniz" ou "degenere" ou "noxo" ou ou...tantas cousas...igual é por falta de tempo (o non escribir máis) pero tamén porque, con cada mail, é cando eres máis consciente...non sei, en fin, hai mil momentos nos que quereriamos tervos aquí, para contarvos, para que nos derades sabios consellos e para que lle aportarades a esta perdida ese punto de equilibrio que sempre precisa.
NUNCA MÁIS!
(a Quintana semellaba un pouco máis vacía)

11.12.2005

 
Rompía velas cunha espada porque esa noite non bailara con ela. De súpeto escoitou unha voz coñecida que o salvou do pozo no que andaba metido. Durante cinco minutos todo se parou e bailaron coma se fora para sempre. Coma se fora a acabar pronto e, ao mesmo tempo, coma se foran a seguir bailando toda a vida. Despois todo acabou e volveu a rutina. Pero o baile continuou, perfecto, luminoso.

 
-O noso amor apaghouse.
-Non compres cerillas.
(como vos extraño)

11.11.2005

 
1984. Frida. Un Mundo Feliz. Fahrenheit 451. Quilapayún. Utopía.
E o que queda...
mentres...
loito contra a ironía

 
"Non poden escapar dos barrios. Por iso os queiman."
(lido nesa clase nalgún xornal)

 

De volta..................

nena

11.10.2005

 

Esto é un post crítico

Contra os aburguesados
Contra as señoras que che dan co carrito da compra hostias nos pés
Contra os profesores estúpidos que che riñen por ler o xornal na súa clase, (é o único productivo que se pode facer) ademais de que te miran mal para o pelo :D
Contra as cancións rallantes
Contra que se desconecte o messenger
Contra que a xente se pire
Contra que Suso se corte o pelo (quédalle mal!!!)
Contra os corazóns rotos
Contra quedarse sobada e ir a clase coma saliches o día anterior (ademais de despertar entre saias, chaquetas e demais cousas ciscadas)
Contra non ir ao Orense (POR QUE!!!?¿??¿?¿) :D
Contra as reunións nas que non tes voz (só fame) e non poder disfrutar do cafeliño necesario
Contra esta faculdade e estas malditas paredes brancas que non sei que teñen que fan que as extrañes
Contra "te vi tirando el pasaporte con rabia"
Contra "eresfeaaaaaaa" non é nada persoal pero que eres feaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Contra que "sempre sexan os mesmos"
CONTRA TODO. CONTRA NADA.

 
- Xa cho dixen unha vez. Que non te namoraras.
Ollouno de arriba a abaixo e botou un sorriso. Pequeniño.
-Non sabía que era isto.
-Pensáralo antes, xa. Nunca me fas caso. Quita os cascos que non oes.
-Oigo perfectamente.
-Agora xa sabes o que son os calafríos, conter as ganas de chorar e morder forte os labios para que non che caia unha bágoa.
-¿E non podía vivilo por min?
-¿Mereceuche a pena?
-Sinceramente...- debuxouse na súa cara un xesto de dor, un sorriso profundo, de quen se acorda de algo...supoño que non.

 
COBAS

 

Xa me tarda...

 

FB

Era unha tarde de moito calor. Sentadas na herba, non sabíamos moi ben o que tiñamos que facer ¿recoller publicidade? pero ¿como? só tiñamos un par de folios e un taquiño de cheques. Primeiro intento, primer convencido. Era emocionante, costounos, pero acabamos coñecendo máis bares que nunca e con bastantes cartos enriba ( e tamén algunhas cañas). Costounos, si, pero parecíanos unha experiencia tan boa que seguiamos a andar. Veu axuda pola tarde. As bromas nas Crechas, o xelado, os bocadillos que pingaban (deixamos a Quintana fina :) pero sobre todo, as risas, moitas. A desesperación cando perdimos os comprobantes. Rexistrar tódolos sitios a ver onde os deixáramos. As burlas de certo camarero, as carcajadas mentres subiamos as escaleiras (e a promesa de non voltar máis a aquel bar "de min non se rien" xD). Aceptar dez euros tirados polo señoriño do Porrón (de malos modos). E o comezo de certa obsesión de servidora por alguén que hai pouco perdeu parte da súa fermosa ¿cabeleira? xDDDD tantas cousas....despois de tanto traballiño VELA por primeira vez, tela nas mans, comprobar que era nosa, só nosa pero pronto para todos. As horas na praia buscando conchas, traer as redes no tren e que nos levara ata o Burgo aquel taxista que nos quería invitar a Adela e mais a min a unha mariscada...tantas cousas...o día da presentación...os disfraces e certo agasallo a unha marinense de pro. A foto todos xuntos, tirados na entrada...e agora...só dicir que foi unha das mellores experiencias que tiven e que me ensinou tantísimo que non sabería como explicalo. ¿que por que me fun? si, si que teño motivos, máis ou menos coñecidos ¿que os teño que dicir? pode que si. Ou pode que non. Igual simplemente son unha cobarde. Ou non. O que nos impulsou a comezar a fanequiña sigue estando aí, as ganas de pasalo ben, de estar xuntos...e weno, pouco máis, só
moita sorte....

11.07.2005

 
...
enfadadada, confusa, sorprendida, encantada, marabillada, asqueada

11.02.2005

 
¡ Vivan os rumores! (sobre todo os praguenses)

This page is powered by Blogger. Isn't yours?