11.12.2005
Rompía velas cunha espada porque esa noite non bailara con ela. De súpeto escoitou unha voz coñecida que o salvou do pozo no que andaba metido. Durante cinco minutos todo se parou e bailaron coma se fora para sempre. Coma se fora a acabar pronto e, ao mesmo tempo, coma se foran a seguir bailando toda a vida. Despois todo acabou e volveu a rutina. Pero o baile continuou, perfecto, luminoso.