11.10.2005
FB
Era unha tarde de moito calor. Sentadas na herba, non sabíamos moi ben o que tiñamos que facer ¿recoller publicidade? pero ¿como? só tiñamos un par de folios e un taquiño de cheques. Primeiro intento, primer convencido. Era emocionante, costounos, pero acabamos coñecendo máis bares que nunca e con bastantes cartos enriba ( e tamén algunhas cañas). Costounos, si, pero parecíanos unha experiencia tan boa que seguiamos a andar. Veu axuda pola tarde. As bromas nas Crechas, o xelado, os bocadillos que pingaban (deixamos a Quintana fina :) pero sobre todo, as risas, moitas. A desesperación cando perdimos os comprobantes. Rexistrar tódolos sitios a ver onde os deixáramos. As burlas de certo camarero, as carcajadas mentres subiamos as escaleiras (e a promesa de non voltar máis a aquel bar "de min non se rien" xD). Aceptar dez euros tirados polo señoriño do Porrón (de malos modos). E o comezo de certa obsesión de servidora por alguén que hai pouco perdeu parte da súa fermosa ¿cabeleira? xDDDD tantas cousas....despois de tanto traballiño VELA por primeira vez, tela nas mans, comprobar que era nosa, só nosa pero pronto para todos. As horas na praia buscando conchas, traer as redes no tren e que nos levara ata o Burgo aquel taxista que nos quería invitar a Adela e mais a min a unha mariscada...tantas cousas...o día da presentación...os disfraces e certo agasallo a unha marinense de pro. A foto todos xuntos, tirados na entrada...e agora...só dicir que foi unha das mellores experiencias que tiven e que me ensinou tantísimo que non sabería como explicalo. ¿que por que me fun? si, si que teño motivos, máis ou menos coñecidos ¿que os teño que dicir? pode que si. Ou pode que non. Igual simplemente son unha cobarde. Ou non. O que nos impulsou a comezar a fanequiña sigue estando aí, as ganas de pasalo ben, de estar xuntos...e weno, pouco máis, só
moita sorte....
Comments:
<< Home
joooo!!!que nostalxia...unha esta tan lonxe...o mercores marcho a polonia a semana seguinte a londres e mentres o mundo segue a andar aló, no que en realidade é a miña casa! Xa queda menos pro dia 15, e pra selección, e pra unha semana en compostela, pro avante, pro tarasco, pro do pau, pra todo...cada vez menos...
Publicar un comentario
<< Home