11.29.2005
Holden, outra vez
Isto é todo o que vos vou contar. Poderíavos contar tamén o que fixen ó chegar a casa, e como me puxen malo, e a que escola vou ir para o outono, mais non me apetece. De verdade, iso xa non me interesa agora.
Moita xente, especialmente este tío psicanalista que teñen aquí, anda sempre a preguntarme se me vou aplicar cando volte á escola en setembro. Na miña opinión é unha pregunta estúpida. quero dicir que ¿como vai un sabe-lo que vai facer ata que o fai? Nunca se sabe. Eu penso que me vou aplicar, mais ¿como sabelo seguro? Xuro que é unha pregunta estúpida.
D.B. non é tan coñazo coma o resto, pero tamén fai moitas preguntas. O sábado veu cunha inglesa que traballa na película que el está escribindo agora. Un pouco parva, pero moi guapa. O caso é que nun intre en que ela foi ó servicio, D.B. preguntoume que pensaba de todo isto que vos acabo de contar. Eu non souben que carallo dicir. Se queredes que diga a verdade, nin sei o que penso. E sinto terllo contado a tanta xente. O único que podo dicir é que sinto morriña de tódolos que vos falei. Ata de Stradlater e Ackley, por exemplo. Mesmo do Maurice. É pavero. Nunca lle contedes nada a ninguén. Se o facedesn acabaredes sentindo morriña de todo o mundo.