11.22.2005

 

Así que non vés...


Dixéronme que quedabas, que non viñas...canto tempo sen vernos, parece que levamos anos...foi todo moi de golpe, de repente a mensaxe, descolocada coma poucas veces ¿que ía facer? acepteino, ¿que remedio? e dinche o abrazo máis triste da miña vida, e o collar que pasei tanto tempo facendo, si, si que ía darcho aínda que mo pediches ti antes. Metícheste no coche rápido e xa. Subín o Eirado triste, triste, triste. E é curioso pero creo que só me caeu unha bágoa chegando a Síngulis. É curioso como sempre xogamos a facernos as duras...a verdade, pensei que te ía voltar ver pronto. Mandáchesme fotos, mandeiche mensaxes. Chamei. E agora non volves, ¿con quen me río do mundo? ata que voltes, vou rir sola, pensando en todo o que fixemos, dende aquel día que me defendiches e tiveches que apandar ti e que che dera a charla o titor. Pásao ben nena, toliña, corazón.

Comments: Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?