11.18.2005

Todo é moi raro...estás outra vez aquí, co queixo mentres pensas no zapato que saíu do pé para acabar no teito dese "módulo raro". O queixo. O camarero parado que posiblemente oíu a conversación. :D. A reflexión sobre que ben se vive nas vilas. Aquel sitiño onde sentarse e pasar horas vendo os tellados e o río. A casa da persoa máis grande que deu este país. O comentario.
A habitación deixa unha sensación estrana. Nós. Rosalía, galega, é unha honra ser (polo menos en eso) igual ca ela.
xD
A compañeira dos saraos (e dos paseos improvisaos). Ser pincha e que a xente che berre por poñer música que non lles gusta. Roubar bebida e comezar por Van Morrison e logo Bob. Darlle a vara con alta suciedad ao tipo do Maycar. O acoso e derribo e a metade das cousas esquecidas. Dormir enriba de dous colchóns sen decatarse. Queixo. Subir a buscar o móbil e un gofre. E pisar poucas veces máis a casa no que vai de semana. Saltar as clases. Saltar todo. Crear un movimento (RCT). Descubrir unha frase que te avergonza pintada hai moito tempo:P. Non querer apoiar certas cousas. Que Suso me devolva dous euros. A pantasma. Certamente foi unha semana rara. E estamos a venres...A invitación a unha mesa. As copas rotas (demasiadas) e as caídas en combate (unha de likor café que pesou...).
Novos motes horteras (véxase foto) dos que estou moi orgullosa. Agradecemento por uns tenis, polo apoio cando me estreso e sobre todo a alguén que me obrigou a marchar en taxi (grazas compañeira... :D). E que bo traballo, creo que certa pintora estaría orgullosa :)
Que quededes na miña casa aínda que eu non esté, que contedes conmigo e que fagades que vos enfadades cando non é certo :p A miña cari. A luriña que comezou un proxecto, co que nos emocionamos todas. Os que se foron. Que falta cada vez menos...
Pariente por accidente...nellie the elephant e sempre son os mesmos. A sorte de coiote si. Se van vostedes ao Porrón e se sentan no último banco, alí na parede e esborranchados hai unha lista de nomes. Leánnos con atención porque os que responden a eles valen a pena. Moito, moito, moito.
Comments:
<< Home
Ai, miña Glassiña, cantas cousas mereceron a pena nesta semana "chea de mieeeeeerda"!!!!!!
vivan os tenis voadores!
vivan os tenis voadores!
ai, cari! bótote de menos, non vou poder resistir ata o luns para verte! ai!(llanto)tia, eres feaaaaaaaaaaa!!!bojque, cara lasciva!!!
está claro que a da dereita son eu que ensino un pouquiño máis;) pero ti, non sei, as dúas teñen zapatos.....
Biquiños
Publicar un comentario
Biquiños
<< Home