11.19.2005

 

O mundo divídese en....

hai pouco era en espabilados e matados, despois quedamos en que era en dúas clases de idiotas: os que prestaban libros e os que os devolvían. Ben, xa está agora a última teoría: a do embigo. O mundo divídese na xente que considera o seu embigo o punto arredor do que xira o mundo e os que non. Uns prefiren andar, pensar, escoitar, aprender. Outros cren que xa o saben todo e todo o que saben e do que falan é en torno ao embigo, o máis preciado que teñen. Son esa xente que di: hoxe leo ata a lección 10, e non saio porque se saio mañá as dez da noite non vou poder...e o martes as cinco e media....pregúntenlle que van facer dentro de 15 días a tal hora e posiblemente o saiban. Xa poden recibir unha mensaxe preciosa un día, na que lles digan cousas que ninguén lles dixo antes, pero dirán: ai, non a contesto que o saldo tenme que durar ata dentro de 3 días. Esa é a teoría do embigo. Despois están os "outros", os sempre inaptados, os que pensan que un coche novo e un traballo no que gañes moitos cartos non é o mellor ao que aspirar. Os que son felices ollando as estrelas. Os que buscan unha canción, unha mirada, un sorriso, que lles explique todo e que lles ensinen. Os que opinan que non vale só unha vida para todo o que hai que aprender. Os que cantan pola rúa sen acordarse ao día seguinte (ou si). Os que cren que outro mundo é posible, os que loitan contra o sistema (máis ou menos).
¿vostedes que prefiren, protestar ou comprar?

Comments:
Non só te considero dese tipo de xente, es unha das persoas que inspiran este tipo de comentarios!Q non te cambien nunca!Non cambies nunca!
 
ás veces teño dúbidas entre non sair por ler algo pra clase ou ir ver as estrelas coa primeira persoa que mo propoña. agardo que gañe sempre a sgunda opción!!!
(non sería precioso nacer sen embigo, sen un no que te atase á realidade?)
 
Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?