5.13.2005

 

O 15

De volta a este noso pisiño vin demasiadas cousas arrepiantes, creo que o peor foi un camión propagandístico dos DA GAIVOTA no Obradoiro. Realmente mete medo. Ademais dunha xente que afirmaba "robar, roban todos, pero tienen que mirar por el pueblo y hacer las cosas". Ai.........e dende que recordo estivemos loitando contra ELES, e gustaríame ser coma esa xente que te chama pesimista por decirlles o que vai pasar e que pensa que as cousas poden cambiar. Gústame pensar que as cousas van cambiar pero despois daquel domingo no que tiñamos tantas ilusións...ben supoño que é bo manter a esperanza aínda que non se sabe moi ben para que. De todas formas sigo pensando que HAI QUE BOTALOS. Aínda por riba, hai un bar que se chama ¡"25 de julio"!. Terrible. Antes de chegar, pero só unha rúa antes, dinme conta que levaba paraugas :( pero coma dicía alguén..., a chuvia non mata xD. Intentarei mentalizarme de que teño que pasar unha semana (máis) sen ver ao mar, aínda que coste tanto...esa sensación de estar nunha caixa non te abandona na capital e tampouco axudan as caras da xente.........creo que moitos teñen un problema grande ou fan que o teñen. Non é normal andar así pola rúa. Un saudiño grande ao benquerido (:P) Antonciño que non venderá xamais..........concedéndolle a inmensa honra de citalo aquí :) xa que el me deixa tan "ben", disculpóo xq m chama poeta :) (seguro que foi sen querer :P). Acábame de subir unha formiga pola man e a miña opinión sobre este magnífico cíber vaise confirmando...e creo que pouco máis, xa irei deixando máis ilusións e opinións por aquí se e que podo..........hei de pasar uns días á beira do Lérez que pode que me sirvan para avanzar no miña (pouca) experiencia coma conductora ou pode que non (case seguro). Intentarei reflexionar (pouco) e durmir (moitísimo). E desculpas. E que é moi difícil escribir se durmes pouco, che suben as formigas pola man :), caéche unha pizza riba do pé e sabes que te esperan aínda que sexa para falar, beber tres cervexas e botar tres risas.

E decido a partir de agora coller o bus (aínda máis) :)

Comments: Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?