6.06.2005

 

PRiS

E intentas escribir algo novo, que non esté xa pensado.
Sentir algo que ninguén sentiu antes.
Pero non podes, e ves coma a espiral te atrapa e te leva, de un punto a outro. Sen poder protestar, sen dicir que non queres...volves ser unha peza máis, unha ficha a que moven, un corazón que xa non sente. Un títere. Non es capaz nin de que che saia unha bágoa.
E es xa un autómata.
Benvido.
Non te salva nin querelo.
Nin non durmir.
Nin NADA.

A este paso me enamoro................
...déjate de historias súbete aí y cántame una de Silvio.........
Tu reías y en tu risa yo me veía caer...
Y en tu abrazo a lo lejos creí oír a los Parra
cantando para nosotros será mejor que me vaya
hay que ver solo
gritando
SIN TI
Te recuerdo Amanda...

Comments:
non quero que me arrastre a espiral. non quero facer o que outros xa fixeron pra sentirme mellor. non quero sentir o que xa antes sentiron os nosos pais, os nosos avós.
quero falar. quero poder dicir, isto non me gusta. quero saír e berrar ata que astalen os pulmós de tanta forza. quero que me sangren os ollos e sentir unha aguda dor na retina, que me faga pechar os ollos pra mirar máis aló.
quero chorar mares. quero facer o que nunca fixo naide, sentir oq ue nunca se sentiu. quero poder mirar cara atrás coa cabeza ben alta.
e quero que ti, cando chegue o día, esteas ao meu carón
 
Corazooooon!!!!!!!!!eu tamén!!!e queremos a ENCE fóra da Ría, e queremos o PP fóra, e HAI QUE BOTALOS!!!, e non queremos o mar negro outra vez e non queremos tantas cousassss!!!!Queremos a Faneca Brava e un país do que nos sintamos orgullosos, como dicía Carlos Blanco "aínda que sexa ho para poder andar coa cabeza un pouco alta por aí" q t quero 7000 cachos de empanada!!!graciñas x levarme a sitios bos sempre!!!!muaaaakkkkk
 
Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?