7.17.2005
Gaiteir@s!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Perdeu o tempo...pensando en cousas sen importancia
preocupándose polo que non merecía a pena
ensaiando sorrisos
e pensando en cousas que a fixeran parecer boa
pensando que era boa a veces
outras que era mala
outras que non era nada
deulle demasiada importancia ao que non importaba
perdeu o que realmente merecía a pena
ata que caíu e espertou
e notou que a alegría estaba nas apertas dando saltos
en tardes perdidas pero xuntos, sempre todos xuntos
en risas compartidas
e en cancions que non teñen sentido se non as cantaba con todos eles
e algo lle dixo que ía volver pronto

e que xente así tes a sorte de topala poucas veces ( e tes sorte xa se a topas unha vez)
e armoulle un pau a bandeira
foise e quedou con aquela tropa de maleantes
e o ceo de Compostela acolleunos e deulles unha aperta
deulles a benvida de novo
e ata as estrelas parecían saudalos e dicirlles pasalo ben
e non vos preocupedes
que sen darvos conta
estaredes aquí outra vez
todos xuntos
compartindo risas coas pedras