7.30.2005

 

LaYlA

Escoitou o final daquela canción, de repente lenta, desas cancións que serven para entender o mundo en tan só uns segundos, foi entón cando comprendeu que non había volta atrás e que estaba atrapada para sempre. Xa non podía escapar. E dáballe igual que soubera que non podía escapar. E non lle importaba verse présa. Era lenta, e envolvía todo, era coma a cidade, envolta en néboa, escura, silenciosa, cando pola noite só pasa un coche de vez en cando ou anda un gato a subilas paredes e a rabuñar nos corazóns. Unha farola alumea unha esquia pola que non pasa ninguén e nós xogamos a chamarnos e a esquivarnos coma se houbera algún momento no que nos necesitáramos e non no que só un necesita do outro. Rematou e con ela foise o pedaciño de alegría que lle quedara, outra vez...outra vez...a espera. E a felicidade momentánea.

Comments: Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?