8.03.2005

 

FoI pErFeCtO 1 mInUtO, fOcHeS pErFeCtO 1 mInUtO... Posted by Picasa

Comments:
son case as dúas e enfronto un sábado á noite fronte á pantalla do ordenador.
leo o teu post e penso o lindo que debe ser que a alguén lle digan isto que ti dis, dorida, agora. que algún día calquera, ao final dá igual quen, pense en min e besbelle: foi perfeito un minuto, fuches perfeita un minuto...
moi duro, de certo, moi duro. mais fermoso. sentido. terrible. os peso das palabras que van caendo sobre nós e cortándonos os ollos e as mans todas.
todos deberamos ter a gloria de ser perfeitos un minuto pra alguén que nos quixo. un soio minuto. un soio recordo...
 
¿Lembras cando íamos xuntas facela compra? ¿Cando mercabamos as cousas de oferta unha para cada unha? Só era un dos tantos momentos en que sentía coma se te coñecese de sempre, como que comprar dous botes de leite condensado era o mellor que facer en aquel momento. ¿O outro? Son só ilusións que nunca se van cumprir, e ¿sabes que? Que non importa, e que (polo menos para min e seguro que para moit@s máis) non só foches perfecta un, senón moitos minutos. ¡E outros só un! xD o zoo eche o que ten!!!
 
Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?