8.19.2005
HaEvOdROmAIoOlTe
De súpeto un estrondo fíxolles saír a todos da súa ¿agradable? rutina, parecía que ardía o ceo. Que raro, alí nunca pasaba NADA. As terrazas estaban cheas de xente a ver que era o que pasaba, os cabezóns deixaron de discutir, os namorados recuperaron o sentido, os avariciosos deixaron de preocuparse polo diñeiro, os amargados pensaron que ao-final-non-era-para-tanto, a música deixou de soar e os actores e os políticos de actuar. Outra vez o ruído. ¿Que era aquilo? E agora silencio. Os páxaros calaron. O mar quedouse quedo, esperando tamén. O vento deixou de mover as ponlas das árbores e da chimenea da vella fábrica saíu fume.
¿PERO QUE?
Ah, NADA, NADA, nunca pasa NADA, pero pode pasar así que...estate atenta o ceo ou a terra e non deixes que che pasen as cousas diante sen facer nada, reaccIONA!!!
Espertou, foi abrindo os olliños e
.......................................
marcou
tremendo
un número
case case case
esquecido
