8.26.2005
A nena foíselle un pedazo do corazón fóra, a terras do sur e pensou que non ía poder con máis. Pero o destino ríase dela e outro foi máis ao sur, ata as illas...e quedáballe máis que repartir...cachiños e cachiños, por outras illas, máis ao norte, por terras nas que gostan moito da pasta e polas do bo viño. Na terra do grande xenio íaselle outro tamén.
E xa tiña o corazón repartido en cachiños por Europa adiante
esperaba poder recompoñelo pronto