9.18.2005
Era unha nena que ía sempre demasiado abrigada, agora gusto de percorrer as rúas en tiras na choiva das noites compostelás, era idealista, cría en que as cousas podían cambiar, en que o mundo tiña solución, cría na bondade da xente. Logo vin o poder deses papeliños noxentos que a xente adora levar nos petos. Vin que a xente que quere encher estes de ilusións e soños vai escasa e decidín encerrarme durante un tempo. Decateime de que namorei dunha ilusión, dun espello, dalgo do que agora, só agora vin que era mentira. E comprendín que o verdadeiramente importante son as conversas, nasobremesa, naslongastardesdepraia, nos bares, na cafeteríadeSuso, onde sexa. Aprender e falar, e cafés e cafés...
Agora só quero que esas persoíñas coas que pasei os mellores momentos da miña vida o pasen moi moi pero que moi ben e volvan cheas de historias para contarme...historias de terras lonxanas (e outras que non o son tanto)de caídas, de sorrisos, de bágoas, ....
só historias....