10.03.2005
A nena síntese cada vez máis pequeniña, soa e comprende que a cidade está a caerlle enriba (outra vez), que non hai mar por onde escapar, que non ten con quen bailar mierda de ciudad fechados na habitación e con quen comentar que son sempre os mesmos, a nena traga as bágoas porque non quere que ninguén a vexa, e agora espéralle un trago duro, por un erro non perdoado que segue a pasar factura e co que só ela ten que enfrentarse. Que xa é hora...que outra vez sentiu ganas de berrar, de pedirpapas e irse, porque sabe que non vai ser capaz, que o medo tenna atada, e poúsase na espalda, paseniño...hoxe máis que nunca quere fuxir e ter unha cunchiña na que poder esconderse...e berrar.........