10.29.2005

 

OS CARREIROS DO SOÑO, Manuel María

6
EN verdade é moi fermosa a milla vida.
Non me podo laiar,
¿Importaralle a alguén o laio meu?
¿Chegarase a mín calquera ser
para darme a sua axuda xenerosa?
¿Comprenderá alguén estas palabras?
¿Valerán para algo estes meus soños?
¿Será de algunha utilidade estar
olIando estantío prás estrelas?
¿Que diferencia poder esistir
entre o valor do ouro e o do soño?
iQuen sabe se as causas nos comprenden
e teñen por nós unha mágoa infinita!
Nada sei de certo. Nada é meu.
Déixome xunguir polo destino
que a vida quixo darme.
Podo ollar enviso a auga sempre andando,
a riqueza da terra,
a beleza que está á miña veira
e agardar pola morte.
A árbore tamén morre. E morre a flor.
De todo canto vive só eu sei
que a esistencia é un don maravilloso:
ás veces faise o resplandor
e a fermosura ilumina o universo.
Mais cando esmorece o centilar da nosa luz
a noite chega a nós.
Entón é a tristeza.

Comments: Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?