10.20.2005

 

UF (graciñas polos ánimos)

A cosiña feita un desastre, coma sempre
O baño encharcado
E ovillos por todas partes, tesouras, enfiador e ajullas (anchoas con queixo)
Un bocata debido a vagancia e bolsas de patatillas coma alternativa ao aburrimento
SUBVERSIÓN contra as horas perdidas, contra o zumo e os choros de última hora
Contra o teu sorriso e eses calambres na barriga
Contra volver a facelo outra ves (sabes o que non che convén)
Tristura indisimulada, loita contra a tentación (podes), chámase Winston, tamén Lucky ou Chester e vive na acera de enfrente
Sorrí, Sempre, (posiblemente sexa o que che queda, cambia de bolso, vai a conducir e pon o limpiaparabrisas que senón non ves, limpa o retrovisor e móveo sen querer, recibe berros (algún con cariño), pensa no king e na queen of souls que cantaba BOB e cre que Elvis está vivo, que en Memphis xa o saben todos, pero son moi discretos, coma dicía Calamaro.Ah, si, BOB tamén o sabe. Discretos, son discretos.
Medo, sempre medo terrible, esperanza sempre esperanza, mar e liberdade, as dúas obsesións. O mar, porque non acaba nunca, porque poderías pasar tempo, tempo e tempo ollando as ondiñas e ese barco azul e branco atracado dende hai xa tanto tempo, mar porque foi o que cheiraches dende que naciches, mar porque non hai cousa máis fermosa, mar porque xa che está faltando e mar porque non poderías estar (SEN EL). Liberdade, tesouro preciado, liberdade, o que pasamos a vida buscando, a verdadeira, non as ilusións, o peor da ilusión da liberdade é cando descubres que estás vivindo unha farsa, cando ves que realmente NUNCA ou ao mellor CASE NUNCA vas ser libre, cárcere coas portas abertas, si, en apariencia, deberías poder abrir tamén as fiestras e os respiradeiros, todo, todo, ter saídas e posibilidades. Efectivamente, podes decidir non faser nada mañá e quedar na cama dormindo (todo o día), posiblemente non ghañarás nada, e os demais tampouco perderán nada. De pronto ves coma ningén te bota de menos, coma sobras, como xa non entendes nada (e nin sequera fas mínimos esforsos pa comprender), todo rebota, todo é raro e todo cambia a unha velosidade que non entendes. Buscas mentiras, buscas aceptación e evolucionas tanto que non coñeces a esa persoa que fala pola túa boca, ¿que é o que está disindo? Non o sabes, non o queres saber. Loitas por sentirte valorada (con poucos resultados), chéirache o alento e tardas horas en faser un traballo, non asimilas que as cousas cambian e poste triste sen razóns (enfádaste con razóns, e sigues querendo e odiando a partes iguais). Inventas historias e personaxes cunha tola, posiblemente sirvan pa algo algún día, e medo, paranoias eesqueciches onde puxeches o móvil, aínda que total, ¿para que? se non te vai chamar, se non te van chamar, nin, nin…Cres no presente, sempre no presente, que podemos modificar, sempre matinando no que pasou e vivindo o que aínda non aconteceu. Todo planificado e a posibilidade de que exista demasiado tempo libre, causa dos males. Posiblemente Etiopía sexa o país con menos depresións, ah, perdón é Sudán. Ganas de chorar e bágoas almacenadas nun caixón pequeniño. Ordenador que cambia as palabras e cruzarse sen falarse, verse sen quererse, facer que nada hai, que nada hubo. Covarde! Pode, e con moita incapacidade de odiar a quen o merese, (só podes querelo), xa pode facerche mil cousas, deberías poder deixar de querelo, debería estar permitido, frase da corista: non sei canto tempo máis vou poder seguir crendo no amor, música de violíns, balcón, calor, chuva, moita, moita, moita chuva.
Non sei se é por iso que andamos así, pero xa lle chegha, pasa de toi, ri, esquiva compromisos e pisa charcos, pon ese sedé, e vai a manifa no Salgheirón, si, que queren poñer un porto deportivo. Seica non se pode.
Extraña, extraña moito, os que se piraron, os sitios e pensa, pensa, ¿total, valeu a pena? Hai mil formas de vivir isto, ti elexiches, ti saberás, ¿eu que sei? Sempre problemas, sempre cousas malas, sempre brrrrrrrr, pero merece a pena, polas noites cunha litrona e un pitillo na Quintana ollando coma cae a chuvia, os lóstregos, e a auga que cae polos canalóns coma se alí houbera unha piscina na que pasar o tempo libre. Vale a pena polos paseos, pola música, polas risas e polos cafés (moitos, moitos). Vale a pena por aprender, por intentar faselo mellor e (intentar) aprobar. Vale a pena, si que vale, pero os cambios son malos de asimilar e estuche costando, pequena, estache costando.
Pode, pero os teus olliños axúdanme a levalo mellor.
“When you have nothing…you have nothing to lose”

Comments:
xa sabes o que penso dil...
que dúas tolas!
(graZas pola referencia!)
 
Publicar un comentario

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?